Presentación de GitBook

Orixe

GitBook foi lanzado como proxecto no ano 2014 baixo unha licenza Apache 2.0, co obxectivo de conseguir unha solución simple e moderna para a xestión de documentación. Está desenvolvido con JavaScript como unha libraría de NodeJS, e pode ser usado dende a liña de comandos.

Situación actual

Tal e como se indica no proxecto en Github, a día de hoxe o equipo de desenvolvedores orixinal deste proxecto está a traballar en Gitbook.com, polo que o proxecto orixinal xa non se está actualizando.

Vantaxes

  • Os contidos son gardados nun formato baseado en texto plano, como é markdown ou asciidoc, o que facilita o seu tratamento de xeito illado, ou cunha ferramenta externa diferente a GitBook.
  • Exportación sinxela e rápida a outros formatos (HTML, PDF, ePUB...)
  • Integración cun sistema de control de versións. Publicación automática na nube.

results matching ""

    No results matching ""